O Goberno do PP lacaio dos monopolios e do imperialismo europeo con centro en Berlín desencadea unha ofensiva brutal contra a clase obreira e o pobo traballador
A REFORMA LABORAL É:
-Abaratamento do despedimento.
-Rebaixa masiva dos salarios.
-Vía libre aos Expedientes de Regulación de Emprego.
-Novos mecanismos de sobreexplotación da mocidade obreira.
-Máis cartos públicos (bonificacións) para a patronal
-Ataque ás prestacións por desemprego
-Privatización dos servicios públicos de emprego mediante as parasitarias ETTs
-Ditadura empresarial nos centros de traballo en materia de xornada, salario e funcións.
-Liquidación dos convenios colectivos limitando a súa vixencia, na perspectiva da súa desaparición.
Parte das reformas xa foran antes pactadas coa patronal e os dirixentes sindicais colaboracionistas.
Todas estas medidas van no camiño de abaratar máis aínda a forza de traballo e endurecer a ditadura da patronal . Máis paro, pobreza, unha mocidade sen futuro, unha infancia desnutrida,sobreexplotación da muller traballadora, milleiros de galegos e galegas durmindo na rúa son o auténtico rostro do Capitalismo na nosa época.
Máis paro, escravitude laboral e guerra imperialista son as "solucions" que nos impón o capital para resolver a crise estrutural do seu sistema podre e caduco.
O ataque aos salarios e aos dereitos continuarán mentres os traballadores e as traballadoras non sexamos quen de erguer unha ampla frente obreira unitaria para derrotar as suas políticas.
O reformismo aposta por unha saída a crise dentro do marco capitalista cando esta é imposible. A única salvación, o único xeito de garantir as necesidades básicas do conxunto da poboación, é mediante a expropiación dos monopolios,mediante a organización da economía en proveito da maioría traballadora e non dunha minoría capitalista.
Compre responder a esta salvaxe agresión organizando a unidade e a loita sostida da clase obrera e o pobo pola derrota do sistema capitalista, pola salida do euro, da UE e a OTAN, pola conquista do poder para a maioría traballadora.
Os e as comunistas de FORXA e o PCPE traballamos por organizar e articular a unidade da clase nunha soa frente obreira clasista e combativa, superadora da división en siglas sindicais e calquera outra falsa división da nosa clase, organizada desde os centros de traballo e os sectores produtivos, barrios e localidades, en comités e asembleas contra o Pacto Social co enemigo de clase,, pola unificación de todas as loitas obreiras, pola Folga Xeral.
Os comunistas do PCPE e FORXA chamamos a preparar a FOLGA XERAL DO VINDEIRO 29 DE MARZO celebrando asembleas, concentracións, mitins, manifestacións, axitando amplamente para acadar unha resposta masiva e unitaria danosa clase ao ataque antiobreiro da patronal e os seu gobernos.
Guerra á patronal e aos seus gobernos,
Guerra ao capitalismo
A loitar para liquidar o réxime de explotación
FOLGA XERAL CONTRA O CAPITAL
FORXA!COLECTIVO MARXISTA LENINISTA