“A loita contra o reformismo e o oportunismo é a principal batalla dos revolucionarios na actualidade.” [Iván Pinheiro, Secretario Xeral do Partido Comunista Brasileiro]


Unidade e Loita: Camarada Iván, hai uns meses Brasil viviu fortes mobilizacións populares iniciadas a causa do prezo dos billetes de autobús. Poderías comentar que análise fai o PCB deses movementos?
Ivan Pinheiro: As manifestacións en Brasil non se terminaron, só se atopan a lume lento. O reaxuste das tarifas de autobuses só destapou unha olla a presión social que mesturaba innumerábeis insatisfaccións, espallando todas as angustias e demandas do pobo brasileiro, sobre todo da gran maioría da mocidade das capas populares, sen perspectiva de futuro digno. Este estoupido desmontou unha mentira oficial dos gobernos reformistas do PT, a de que todos os brasileiros vivían felices e en harmonía, nun capitalismo “de rostro humano” que favorecía a todas as clases sociais, no que todos gañaban. Inventaron dous conceptos estraños: “capitalismo de masas” e “sociedade de clase media”.

Dimitris Koutsoumpas: É necesaria a coordinación e a elaboración dunha estratexia revolucionaria común.

ECE 2013: Discurso introdutorio pronunciado polo Secretario Xeral do CC do KKE, Dimitris Koutsoumpas.
O 30 de setembro de 2013 nunha aula do Parlamento Europeo en Bruxelas, por iniciativa do KKE, celebrouse o Encontro Comunista Europeo de 2013 baixo o tema: “O papel dos Partidos Comunistas e Obreiros de Europa no fortalecemento da loita da clase obreira e dos sectores populares contra a UE e a estratexia do capital, por unha saída da crise favorábel aos pobos, polo derrocamento do capitalismo, polo socialismo”.
Neste encontro os partidos comunistas e obreiros de toda Europa discutiron sobre a súa loita contra a UE e a estratexia do capital, intercambiaron experiencia da súa actividade en cada país, planearon iniciativas para a coordinación da súa actividade. Este encontro ha ter unha importancia adicional dado que este ano se celebrou no período previo ás próximas eleccións europeas.
Neste encontro participaron 32 partidos comunistas e obreiros de toda Europa.
O discurso introdutorio no encontro foi pronunciado polo Secretario Xeral do CC do KKE, Dimitris Koutsoumpas, quen destacou:

“A loita contra o oportunismo é unha condición de desenvolvemento do movemento dos partidos comunistas e obreiros”.

Entrevista realizada por “Unidad y Lucha” –órgano do Comité Central do PCPE- a Pável Blanco, Primeiro Secretario do Comité Central do Partido Comunista de México.