A fin da clase obreira?


Peter Mertens,
Presidente do Partido do Traballo de Bélxica (PTB).

Hai unha idea moi difundida, que se escoita cada vez con maior frecuencia: as tecnoloxías da información e as ciencias da comunicación cambiaron a produción dun xeito radical. A maioría dos países desenvolvidos teñen unha economía de servizos, unha sociedade post-industrial. En Europa, o 66% da poboación traballadora faino no sector servizos. Nos Estados Unidos esta cifra chega ao 79%.1 Debido a este cambio na composición da clase traballadora, non se pode seguir igual que antes, di o filósofo italiano Antonio Negri: «Detesto a xente que di: a clase obreira morreu pero a loita continúa. Non. Se a clase obreira morreu –e é certo– é que todo o sistema que depende deses equilibrios de forzas está en crise.» 2

A contradición entre traballo e capital.

Sobre o feito nacional en Catalunya.

A cuestión nacional de Catalunya nos últimos meses converteuse no debate político máis controvertido dos que hoxe se dan no contorno de toda a súa superficie e no resto das comunidades do Estado español. Destacan, pola súa marcada vehemencia reaccionaria, os comentarios do bloque oligárquico que leva a marca “PP”, aínda que o arranque desta polémica de agora haxa que achacarlla a CiU como o máis fiel representante da gran burguesía catalá, que é a que o encetou, non por amor platónico a Catalunya, senón por afán de controlar e xestionar o acervo económico, político e cultural deste país.

Problemas contemporáneos da loita de clases e o papel do Partido Comunista.

PRINCIPIOS FUNDAMENTAIS DO MOVEMENTO OBREIRO REVOLUCIONARIO, DO MOVEMENTO COMUNISTA. 


Dimitris Gontikas
Membro do Politburó do CC do KKE.


Cada partido comunista que se mantén firme na súa misión e comprometido coa súa tarefa principal, é dicir, preparar, organizar a clase obreira e dirixila á loita para cumprir a súa misión histórica, debe guiarse pola posición fundamental do socialismo científico: "Sen teoría revolucionaria non hai movemento revolucionario". Ten que defender esta posición de principios de modo implacábel e consecuente ante calquera intento de socavala e, sobre todo, defendela loitando sen cesar para que a teoría corresponda sempre coa práctica.

O Partido Comunista e a clase obreira venezolana na disxuntiva da revolución bolivariana.

A actual crise sistémica do capitalismo, coincide co desenvolvemento de procesos progresistas e revolucionarios, fundamentalmente de carácter antiimperialistas e antioligárquicos, particularmente en América Latina, cuxas múltiples contradicións intrínsecas xeran expectativas en diversas direccións.

Un dos trazos comúns en tales procesos políticos, ademais do seu carácter cuestionador da dominación imperialista estadounidense na rexión, a reivindicación da soberanía nacional e unha mellor distribución da riqueza, atributos que de por si os fan merecedores do respaldo das forzas consecuentemente revolucionarias, é que a súa vangarda social foi asumida por sectores radicalizados da pequena burguesía e de capas medias profesionais, mesmo con importante protagonismo da chamada burguesía nacional emerxente, non monopolista, interesada en tomar as rendas da dinámica económica, en contraposición coa estratexia de control hexemónico global dos monopolios transnacionais.

Unir a toda a clase obreira para loitar polos seus dereitos e polo avance cara unha sociedade socialista.

Documento Aprobado no I Encontro Estatal dos Comités para a Unidade Obreira (CUO).

Asturies
26/5/2012

Estudar, aprender materialismo dialéctico e histórico.

Estudando o folleto “Sobre o materialismo dialéctico e materialismo histórico” de I. V. Stalin. 
Por Ismael Patricio. 

O pequeno folleto escrito no ano de 1938 por I.V. Stalin titulado “Sobre o materialismo dialéctico e o materialismo histórico” é un marabilloso texto que nos axuda a comprender dunha forma abreviada, pero ben detallada, dous dos fundamentos da teoría marxista-leninista, refírome ao materialismo dialéctico e materialismo histórico. 

O texto comeza describindo que o materialismo dialéctico é a concepción do mundo, propia do partido marxista-leninista. O método de estudar os fenómenos da natureza é dialéctico, o xeito en que comprendemos os fenómenos é materialista. O materialismo histórico é a sucesión do materialismo dialéctico aplicado ao estudo do desenvolvemento social.

Ideas sobre unha nova Internacional.

O internacionalismo na teoría marxista. 
Eleni Mpelou1

Para o KKE é unha cuestión de principios que a vangarda ideolóxica, política e organizativa da clase obreira debe expresarse de forma distintiva e unificada a nivel internacional.

A base teórica deste principio, que descansa nas obras de Marx e Engels, pode atoparse na actividade e dimensión internacionais do capital, as cales nós estudaremos á luz dos acontecementos actuais.

Para que o capital poida reproducirse como relación socioeconómica, xa logrou superar a fronteira do “estado nacional”, que creou como forma de poder político estatal para establecerse e para superar as relacións feudais, para abolir a estreitez da economía natural e do mercado local, así como da produción artesá.

O fenómeno do comercio internacional e das compañías por accións, que Marx analizara, tomou novas dimensións e características a finais do século XIX e, especialmente, no século XX, a través da exportación extensiva de capital para investimentos estranxeiros directos, a creación a escala internacional de bolsas e outros mercados para o capital financeiro (p.ex. o Banco Mundial, o FMI, etc.) e a composición internacional dos accionistas en compañías de investimentos.

A participación dos partidos comunistas no goberno: unha forma de saír da crise capitalista?

A continuación publicamos un interesante artigo do camarada Herwig Lerouge, dirixente do PTB, publicada en Estudos Marxistas. Nel analízanse as negativas consecuencias que para o movemento obreiro de Italia, Francia, Grecia e Alemaña tiveron, e teñen hoxe, a implicación de forzas denominadas comunistas e excomunistas en distintos gobernos burgueses.

A materia analizada garda unha estreita relación co que vén sucedendo no estado español coa activa implicación de Esquerda Unida e o PCE (seccións españolas do Partido da Esquerda Europea) en distintos gobernos autonómicos, como o caso de Andalucía ou Asturias, e en moitos gobernos municipais.

Dada a dimensión europea do oportunismo do PEE (Partido da Esquerda Europea), no que están implicados o PC de Francia, o Partido da Refundación Comunista de Italia, Syriza en Grecia, Die Linke en Alemaña e IU e o PCE en España (que forman parte da Presidencia do PEE), os datos que ofrece este artigo son unha valiosa contribución á loita contra o oportunismo que se libra no estado español nas filas do movemento obreiro e popular.