As Teses do Comité Central do Partido Comunista de Grecia para o 19º Congreso

11-14 de abril de 2013

PRÓLOGO

O KKE percorreu un longo camiño, desde 1918, cando se celebrou o seu Congreso Fundacional como froito maduro do desenvolvemento do movemento obreiro no noso país que se fusionou coa teoría do socialismo científico. A fundación do KKE foi acelerada polo impacto da primeira revolución socialista na historia, a Revolución de Outubro de 1917 en Rusia, un evento que confirma a época como a época de transición do capitalismo ao socialismo.

O KKE é o herdeiro xenuíno e digno das tradicións nacionais, democráticas e revolucionarias do pobo grego. Logrou, en condicións difíciles, manter o seu carácter revolucionario, mentres non ha ter nunca medo de recoñecer os seus erros e desviacións, facer unha autocrítica aberta ante o pobo. A súa traxectoria histórica xustifica a necesidade da súa existencia e actividade na sociedade grega.

O KKE é a sección organizada, consciente e avanzada da clase obreira. Loita polo derrocamento do capitalismo e a construción do socialismo-comunismo. É fiel ao principio do internacionalismo proletario. Loita polo reagrupamento do movemento comunista internacional tras o retroceso e a crise que experimentou, sobre todo logo da vitoria da contrarrevolución en 1989-1991.

O sistema capitalista en Grecia, así como nos demais países, non vai colapsar por si mesmo, debido ás súas contradicións. A gran intensificación das contradicións sociais conducirá a condicións dunha situación revolucionaria, a condicións dunha gran agudización da loita de clases mentres a través das loitas diarias maduraría e emerxería un movemento obreiro todopoderoso en alianza cos sectores populares que sofren. Nas condicións da situación revolucionaria, coa elección adecuada de consignas e de todas as formas de loita, o que se xulgará é a vontade e a decisión do pobo de romper e abolir as cadeas da explotación clasista, da opresión, da implicación na guerra imperialista. Requírese un movemento obreiro que non quede atrapado en solucións alternativas enganosas, utilizadas polo sistema político burgués para organizar o golpe contra o movemento, contra o radicalismo, a actitude e a vontade revolucionaria, co fin de evitar ou negar, para o maior tempo posíbel, o seu derrocamento.

10 de Marzo: Día da Clase Obreira Galega.

Os Comunistas de Galiza organizados tanto no PCPE como en FORXA! conmemoramos a histórica batalla do proletariado galego chamando a agrupar as forzas da Clase Obreira para resistir e derrocar ao capital.

No 41 cabodano de Amador e Daniel, heroes do proletariado caídos na loita contra as forzas do capital, a oligarquía e o fascismo, emitimos o seguinte comunicado conxunto:

Leninismo e revisionismo nas cuestións fundamentais da teoría e práctica do socialismo (Ditadura do proletariado, a súa forma de organización e entidade económica).

V.A.Tiulkin,
Primeiro Secretario de Partido Comunista Obreiro de Rusia - Partido Revolucionario dos Comunistas
M.V.Popov,
Doutor en Ciencias Filosóficas, Profesor, Presidente do Fondo da Academia Obreira 
-Representantes da revista “A Unión Soviética” do PCOR-PRC-


En 2009, o Fondo da Academia Obreira, que coadxuva a educación dos obreiros de Rusia, editou a colección “O principal no leninismo” que concentrou en si as teses fundamentais que caracterizan as actitudes teóricas leninianas sobre o enfoque clasista ao estudo dos fenómenos sociais e a ditadura do proletariado1. O coñecemento do seu contido axuda a comprender a deserción e o renegadismo de liderado do PCUS. Xa no XXII Congreso (1961) ocupou a posición revisionista nas cuestións fundamentais de marxismo-leninismo, fixouna no Programa do PCUS, co que predeterminou en moito a descomposición conseguinte do Partido e a destrución da URSS. Isto demóstrase neste artigo. Os autores trataron de prestar a maior atención ao feito de que a maioría das elucubracións, subterfuxios e argumentos “modernos” dos oportunistas e renegados dos nosos días, xa foran contestados por Lenin no período da súa loita contra os oportunistas e distorsionadores do marxismo na época da Segunda Internacional e o establecemento do Poder Soviético en Rusia.

Unha crítica marxista da análise keynesiana sobre a crise económica.

Henri Houben, é doutor en economía, investigador no GRESEA e o Instituto de Estudos Marxistas, especializado no estudo das multinacionais, das estratexias europeas de emprego e a crise económica.

Contribución á Sexta Conferencia da Asociación Mundial de Economía Política (Wape): "As respostas á crise capitalista: o neoliberalismo e máis alá." Amherst, maio, 28-29 de 2011.
John Maynard Keynes, mantén unha grande influencia no pensamento económico actual. Aínda que o movemento neo-liberal dominase durante as últimas décadas, as ideas keynesianas perduran, especialmente en épocas de recesión.

1. Keynes e a crise:

Tres teorías principais compiten entre elas para explicar as crises. O movemento liberal atribúea á chegada inesperada dun elemento perturbador (atentado, aumento dos prezos do petróleo, os acontecementos políticos ou sociais...) que debe eliminarse urxentemente para que o mercado recupere o seu funcionamento saudábel natural. Keynes non cría neste mecanismo de autorregulación.