A negativa da dirección da SEPI á
construción do dique flotante para a factoría de Navantia Ferrol era unha
sospeita anunciada. Pese a todos os compromisos farsantes, electorais e
institucionais, o rebumbio e a burla da comisión de seguimento, as
mobilizacións dos traballadores con idas e vidas, plantes e replantes, o
argumento do condicionamento da pertenza á Unión Europea e o veto desta a todo
o que poida significar axuda ou investimento na actividade dun sector público esencial
na nosa estrutura produtiva, como é a construción naval, constituíu un facto
case que definitivo. Se a isto lle sumamos a carencia de carga de traballo real
a curto e medio prazo, que non a virtual, duns contratos mexicanos que aínda
que non amosaron a ninguén nin se coñece o seu paradoiro, as perspectivas non
poden resultar máis negras.
O certo é que non se pode descartar ningún escenario. Nin un posíbel ERE, nin privatización. Polo de pronto a dirección da empresa xa está a facer as súas avaliacións e pensando en acometer “reorganizacións”, prescindir de máis subcontratas con máis despedimentos e proceder á mobilidade xeográfica dos traballadores da principal, co quebranto do principal activo da factoría.
E todo isto porque nin para a unión
imperialista europea nin para o goberno da oligarquía española do PP, entra
dentro dos seus plans ter un sector público industrial compatíbel coa
existencia e competencia dos grandes monopolistas, verdadeiros autores e exclusivos
beneficiarios das ofensivas políticas e económicas
antiobreiras desenvolvidas en toda Europa no actual contexto de crise
estrutural e sistémica do capitalismo.
A clase obreira do naval non podemos ficar inerme ante os golpes nin continuar a secundar as estratexias sindicais e políticas reformistas que se amosaron insolventes para conducir a loita de clase, frustrando expectativas cunha acción sindical estéril presa do legalismo burgués, e cansando ata a desmoralización aos traballadores mobilizados, para ser, como recoñecía a un semanario galego un dirixente do comité, instrumentados polos politiquiños reaccionarios.
O certo é que non se pode descartar ningún escenario. Nin un posíbel ERE, nin privatización. Polo de pronto a dirección da empresa xa está a facer as súas avaliacións e pensando en acometer “reorganizacións”, prescindir de máis subcontratas con máis despedimentos e proceder á mobilidade xeográfica dos traballadores da principal, co quebranto do principal activo da factoría.
E todo isto porque nin para a unión
imperialista europea nin para o goberno da oligarquía española do PP, entra
dentro dos seus plans ter un sector público industrial compatíbel coa
existencia e competencia dos grandes monopolistas, verdadeiros autores e exclusivos
beneficiarios das ofensivas políticas e económicas
antiobreiras desenvolvidas en toda Europa no actual contexto de crise
estrutural e sistémica do capitalismo.A clase obreira do naval non podemos ficar inerme ante os golpes nin continuar a secundar as estratexias sindicais e políticas reformistas que se amosaron insolventes para conducir a loita de clase, frustrando expectativas cunha acción sindical estéril presa do legalismo burgués, e cansando ata a desmoralización aos traballadores mobilizados, para ser, como recoñecía a un semanario galego un dirixente do comité, instrumentados polos politiquiños reaccionarios.
Os traballadores e traballadoras do
naval, para vencer nesta loita, temos que facer causa común co resto do
proletariado e do pobo traballador, pois a nosa crise é parte da crise global á
que temos que facer fronte. É preciso organizármonos desde a base da asemblea
obreira como ferramenta de loita e de unidade combativas por riba de divisións
secundarias, impulsando como un verdadeiro poder de masas a coordinación entre
empresas e sectores con delegados electos e revogábeis. E dirixir a loita, unha
loita sen cuartel, a obxectivos que son tamén políticos, que superan un marco
restritivamente sindical, como son o derrocamento do goberno do PP levando ao
réxime á crise política para impedir o seu reemprazo, e forzando unha saída
revolucionaria fóra das cadeas imperialistas da UE, da OTAN e do euro. Só
acadados estes, poderán ollarse outros horizontes para a clase obreira do
sector naval, sen vetos e sen incompetentes ao mando con intereses alleos ao
pobo traballador.
Ferrol,
12 de Febreiro de 2013
CUO-Galiza
cuogaliza@gmail.com
