Ponencia de Grover Furr na súa visita a Galiza.

O pasado 22 e 23 de Maio do 2013, en Compostela e Ferrol respectivamente, o historiador norteamericano Grover Furr participou nun ciclo de conferencias baixo o título “As mentiras de Khrushchev. A falsificación histórica contra o Movemento Comunista Internacional”, organizado polo colectivo marxista-leninista FORXA!, coincidindo coa publicación da edición galega do seu libro.

A continuación, compartimos o texto, traducido a galego, da intervención do camarada Grover Furr:
 


Boas noites! Gustaríame dar as grazas a os camaradas de Forxa! por invitarme a falarlles hoxe.

O motivo da miña intervención é a publicación da edición galega do meu libro Jruschov Mentiu.

En Rusia como en Occidente, Jruschov é un “heroe” oficial. Os estudantes de Rusia estudaron o “discurso secreto” de Jruschov xa que é un momento de cambio drástico na historia da Unión Soviética, e polo tanto de Rusia.

Tamén significou un cambio na historia do mundo! Pero fóra de Rusia moi pouca xente le agora este longo discurso, cheo de referencias a personaxes e eventos dos que nunca oíron falar.

Por iso tamén vou mencionar brevemente algúns outros temas da historia soviética que investiguei e que son moito máis coñecidos que os que Jruschov mencionou no seu discurso.

A evidencia e a investigación son, basicamente, o que teño que ofrecer. E hai moi poucas persoas no mundo dento do marco esquerdista que están facendo o traballo que fago. Aqueles que están investigando o período de Stalin na Unión Soviética, e que poden ler ruso con fluidez, e que teñen a capacidade de investigación, e que teñen unha afiliación institucional que ofreza servizos esenciais de biblioteca como préstamos de libros e informes entre bibliotecas, e que teñen o interese e a motivación para facer este traballo… son en xeral anticomunistas.
 
Os poucos que teñen acceso a eses servizos están, na súa maior parte, nos campos da historia soviética ou rusa. E neses campos basicamente requírese que un sexa anticomunista. Nos poucos casos nos que non é así, hai simplemente que evitar escribir calquera cousa que enfureza ou contradiga aos anticomunistas.

Permítanme dicilo doutro xeito: Se vostede estivese no campo da historia soviética -se vostede ensinara a historia soviética nun departamento de historia- non podería facer a investigación que eu fago. Se o fixese, non o publicarían nas revistas, ou polos principais editores académicos, e pronto vostede non estaría no campo da historia soviética, porque o despedirán.

É por iso que a miña posición é case única. Ensino nun Departamento de Inglés. A miña vida académica non depende de ningún xeito da miña investigación sobre a historia soviética.

Isto é o que teño que ofrecer. E moita xente de todo o mundo pensa que é importante. Non só os da esquerda, como vostedes son. Os anticomunistas tamén cren que é importante. E isto non lles gusta.

A moita xente non lles interesa que a verdade sobre a historia do movemento comunista na Unión Soviética, sobre todo durante os anos de Stalin, saia á luz. Eles queren seguir pintando a Stalin como un demo semellante a Hitler ou aos fascistas daquela época, para falsificar e mentir respecto diso. E iso é o que fan -non só dun xeito pasivo a través do seu “punto de vista”, senón activamente, mediante a falsificación deliberada das probas, as fontes e a historia.

Así que o que teño para ofrecer é  rectificar todo isto. E diso é do que eu quero falar con vostedes.

* * * *

Permítanme dicir unhas palabras sobre as “probas”. “Os feitos” non poden separarse da “investigación” e “probas”. É pola investigación e as probas que establecemos o que é “un feito” e o que non o é. Non hai outro xeito.

Foi ao prohibir a investigación e ocultar probas que desmentisen a súa posición que Jruschov foi capaz de saírse coas súas mentiras durante máis de 50 anos. E Jruschov permitiu a todos os anticomunistas da Guerra Fría, sexa dentro da Unión Soviética (como Roi Medvedev), ou no Oeste (como Robert Conquest), que falsificaran a historia. Falsificacións perpetuadas por Jruschov  son hoxe as voces da “corrente principal” da historia soviética.

Unha palabra sobre a obxectividade. Un pode aprender a ser obxectivo mediante unha clase de formación que lle permita a un darlle conta de artellar e logo poñer en dúbida as súas ideas preconcibidas ou a priori e os seus propios prexuízos.

A obxectividade é unha práctica, como a aprendizaxe dunha lingua estranxeira. Un pode logralo a través da práctica, mediante un esforzo deliberado.

Isto débese facer se o que se busca é a verdade auténtica. E nós os marxistas queremos saber a verdade!

Marx e Engels escribiron que “Os proletarios non teñen nada que perder senón as súas propias cadeas.” Non hai nada ao que nos neguemos a someter a un exame crítico. Queremos deixar de lado todas as ilusións e falsidades. Só “a verdade faranos libres”, se “nós” somos a clase obreira internacional.

Lema favorito de Marx foi “De omnibus dubitandum” - Cuestione todo. Se queres saber a verdade, iso é o que debes facer. E vostede debe cuestionar as súas propias ideas preconcibidas.

Por outra banda, é o que fai cada detective burgués en todas as novelas de detectives. Como Sherlock Holmes adoitaba dicir: Manteña a súa mente libre de conclusións prematuras. Infórmese antes de formar as súas hipóteses. Estea preparado para abandonar unha hipótese que non explica os feitos establecidos.

Se non o fai -se vostede non intenta descubrir a verdade desde o principio- non vai tropezar por accidente coa verdade. E vostede non poderá descubrir a verdade.

Isto é o que me esforzo por facer. Ningún dos que pintan a Stalin como un monstro e á Unión Soviética como o imperio dos oprimidos, aqueles “expertos” anticomunistas da historia do movemento comunista, intentou ser obxectivo. Non  descobren a verdade, entón, porque non queren facelo. Eles queren inventar unha falsa historia do movemento comunista, escribir “propaganda con notas ao pé”. E iso é o que as súas obras son: a propaganda.

* * * * *

O discurso de Jruschov.

O informe “secreto” de Jruschov coñécese como a revelación mais importante do século 20. É un cambio fundamental no camiño da Unión Soviética e de feito da historia mundial. É significativo porque precisamente este discurso se converteu nun dos alicerces da concepción política da “anti-estalinismo”.

Ninguén interesado na historia da Unión Soviética pode ignorar un documento de tal importancia.

Cando eu estaba formando un bosquexo deste traballo o meu obxectivo era modesto. Quería poñer as “revelacións” no informe xunto coas fontes históricas que se fixeron públicas grazas á desclasificación dalgúns documentos nos antigos arquivos soviéticos. Durante os últimos 10-15 anos puxéronse a disposición dos historiadores un gran número de novas fontes que fan posíbel unha avaliación obxectiva das declaracions no discurso de Jruschov.

Resultou que, de entre todas as “revelacións”, ningunha delas resultou ser un feito verídico. Nin unha sola!.

Algunhas das falsidades de Jruschov eran, por suposto, coñecidas antes -por exemplo, a declaración absurda de que Stalin “planeou operacións militares nun globo terráqueo.”  Pero que todo o discurso se compón de “ revelacións” como esta,  isto é o que foi sorprendente.

Con respecto a Stalin.

Non estou “defendendo” a Stalin nin a ninguén. Como investigador e estudioso ocúpome dos feitos e probas. Estou de acordo co historiador ruso Iuri Zhukov, cando escribe:

Honestamente podo dicir que me opoño á rehabilitación de Stalin, porque me opoño ás rehabilitacións en xeral. Nada nin ninguén na historia debe ser rehabilitado. Pero hai que descubrir a verdade e dicir a verdade. (Zhukov, KP 21 de novembro 02).

Tampouco quero suxerir que, aínda que só Stalin se tivese saído coa súa, se solucionaran os múltiples problemas da construción do socialismo e do comunismo na Unión Soviética.

O tema da miña investigación é o informe de Jruschov en que supostamente “descubriu” moitos crimes de Stalin e Beria.

Illei sesenta e unha “revelacións” ou afirmacións acusatorias. Investiguei cada unha delas baixo  a luz das fontes históricas. O resultado final foi que no “discurso secreto” de Jruschev nin unha sola de tales “revelacións” resultou ser verídica.

Consecuencias.

O redescubrimento da historia soviética vai moito máis alá da crítica do “discurso secreto” de Jruschev. Todo o que non pasa só por “coñecemento común”, senón polo coñecemento experto sobre o período de Stalin é fundamentalmente falso. Toda a historia soviética necesita que se volva a escribir.

Algúns exemplos:

* A colectivización. Resolveuse o problema eterno das malas colleitas e fame recorrente. Ata 1932-1933 houbo un período de fame cada 2 ou 3 anos en Rusia e Ucraína. Grazas á colectivización, a fame de 1932-1933 foi a última (con excepción da do ano 1946-47, causada pola enorme destrución da guerra e o mal tempo).

A colectivización tamén salvou a Europa do nazismo. Sen ela, a rápida industrialización e desenvolvemento do Exército Roxo moderno tería sido imposíbel. Os nazis poderían conquistar a Unión Soviética e os seus inmensos recursos naturais e humanos para volverse contra os aliados.

* Pasei unha gran cantidade de tempo no estudo da cuestión das conspiracións de oposición durante os anos 1930. O meu colega moscovita Vladimir Bobrov e eu publicamos unha serie de artigos sobre eles. Moito máis está por vir. As conspiracións e oposición alegados nos Procesos de Moscova existían. Os acusados ​​nos procesos de Moscú eran culpábeis de, polo menos, o que confesaron. Nalgúns casos, como o de Bujarin, sabemos que eran culpábeis de máis do que eles confesaron.

* O chamado “Gran Terror” foi causado deliberadamente por Nikolai Ezhov, xefe da Comisariado do Pobo para Asuntos Internos (NKVD), que matou centos de miles de cidadáns soviéticos nun intento de sementar o descontento co goberno soviético e axudar a abrir a porta á invasión de alemáns e/ou xaponeses.

* As conspiracións militares eran xenuínas. Hoxe temos unha gran cantidade de evidencia disto hoxe.

* * * * *

A historiografía soviética segue sendo principalmente propaganda.

A historiografía da Unión Soviética estivo dominada pola propaganda desde o principio. Pero a propaganda chegou a predominar durante a Guerra Fría logo da 2 ª Guerra Mundial.

As forzas políticas que promoveron, primeiro, un papel maior para o mercado na sociedade soviética, e logo, o retorno ao capitalismo por super-explotación na Unión Soviética, son as mesmas que atacan a Stalin e destrúen as súas contribucións ao pobo soviético. Tamén se propaga esta versión da historia, a cal é hoxe dominante en Rusia como noutros países.

Durante a última década pasei moito tempo e gastado moito diñeiro na adquisición e o estudo dos documentos dos  antigos arquivos soviéticos que se publicaron despois do desmembramento da Unión Soviética en 1991. Confinei o meu estudo dos documentos que se ocupan do período de Stalin e dentro dese período concentreime principalmente na década dos trinta.

Tamén estudei un gran número de fontes secundarias, escritas por recoñecidos expertos neste período en Rusia e en Occidente.

Todas as voces máis famosas e as influencias dominantes na historia soviética son ideólogos anticomunistas que abusan da ciencia histórica no interese de demonizar a Stalin e o período de Stalin.

Isto non é só unha cuestión de parcialidade política, aínda que hai moito diso. Hai unha gran cantidade de falsificación deliberada nas obras de historiadores famosos.

Evidencia.

En todas as clases que ensino pregunto aos estudantes: “Cal é a palabra máis radical en calquera idioma?”.

Eles dan unha serie de respostas comúns. Entre as máis frecuentes son “socialismo” e “comunismo”.
 
Entón digo: “De feito, socialismo e comunismo son boas palabras radicais. Pero o meu voto é para unha palabra diferente: “Evidencia”. O pedir probas, en todas partes e sempre, conleva a que un sexa chamado “comunista”!

Isto é válido tamén no estudo da historia do movemento comunista. As mentiras predominan. E cando se sondan para as probas, as cousas empezan a poñerse interesantes.

Ás veces a xente dime:“Grover, que non atopo os seus argumentos persuasivos.” A miña resposta é a seguinte: “A persuasión é unha forma de propaganda que depende da mentalidade da persoa que está tratando de persuadir”.

Unha persoa coas ideas preconcibidas moi fixadas non pode ser “persuadido” por ningunha proba, sen importarlle a evidencia ou verdade.

Fago moitos dos meus descubrimentos marcando as notas ao pé da obra de fontes secundarias académicas, para comprobar se as fontes primarias citadas nas notas realmente presentan evidencia dos feitos, afirmacións ou declaracións que se fan. Moi a miúdo non o fan.

Gustaríame concluír con algunhas observación sobre ás miñas investigacións máis recentes.

* No 2009 fixen un longo estudo sobre o Pacto Molotov-Ribbentrop e a chamada “invasión soviética de Polonia” do 17 de setembro de 1939. Do mesmo xeito que co discurso de Jruschov, quedeime moi sorprendido polo grao en que estes eventos seguen sendo falseados polos historiadores.

O Pacto de MR non “dividiu” a Europa do Leste. Tampouco a Unión Soviética invadiu a Polonia.

* Escribín unha boa cantidade de investigación sobre o Terceiro Proceso de Moscova, o de “Bujarin-Rykov”. A evidencia de que Bujarin era culpábel de polo menos o que el confesou, é simplemente abafadora.

En xeral, non hai evidencia de que o testemuño en calquera dos procesos de Moscova tivese sido falsificado.

* En xaneiro de 2012 publiquei un longo artigo sobre o famoso libro de Steven Cohen, “Bujarin e a Revolución Bolxevique.

Publicado en 1973, este libro foi un best-seller inmediato en todo o mundo. Anticomunistas dentro da Unión Soviética traducírono ao ruso e levárono de contrabando aos EE.UU., onde se imprimiu e distribuíu despois na Unión Soviética. A finais da década dos oitenta, Mijail Gorbachov fíxoo publicar oficialmente por unha editorial soviética. El díxolle a Cohen que este libro fora fundamental para convencelo, que o comunismo era un mal sistema que tivo que ser destruído.

No meu artigo probo, co uso de fontes primarias que xa están dispoñíbeis, que virtualmente cada declaración feita no último capítulo do libro de Cohen -o capítulo que cobre os anos 1930 a 1938- é falso, baseado nas falsificacións da era de Jruschov. Tamén podo demostrar que Cohen ocultou información. Cohen omite no seu libro que el mesmo tiña información de que Bujarin conspirara para matar a Stalin en 1928.

O asasinato de Kirov.

En 2010-2011 investiguei e escribín un libro sobre o asasinato de Sergei Kirov, en decembro de 1934. O meu libro titúlase: “O asasinato de Sergei Kirov: Historia, Investigación, e o Modelo Histórico Anti-Stalin”. Será publicado en Inglés o 1 de xuño, poucos días a partir de agora. A edición rusa publicarase a finais deste verán.
 
Jruschouv quería demostrar que Stalin matou a Kirov. O mesmo fixo Gorbachov. Pero eles non puideron facelo. Co tempo eles tamén recorreron ás falsidades da era Jruschov, de que Nikolaev fora un “pistoleiro solitario” e que Stalin acusara falsamente a moita xente, como o ser vil que os seus inimigos querían que fose.

En setembro de 2010 Matthew Lenoe, profesor de historia de Rusia na Universidade de Rochester, publicou un libro de 800 páxinas na serie “Anais do comunismo” de Yale University Press titulado “O asasinato de Kirov e a historia soviética”. Lenoe pasou a última década escribindo este libro. Está destinado a ser “a última palabra” sobre o tema.

Nela Lenoe afirma que demostrou a hipótese de Jruschov  e de Gorbachov, de que Nikolaev foi o “ pistoleiro solitario” e que Stalin acusou falsamente a todo o resto.

Agora temos unha gran cantidade de evidencias que demostran que os homes condenados e executados xunto con Nikolaev en decembro 1934 eran culpábeis. Máis que iso, temos unha gran cantidade de probas  de que os acusados ​​nos tres Procesos de Moscova tamén foran culpábeis. Culpábeis non só do que eles confesaron, senón tamén de delitos que non confesaron, pero que saíron á luz posteriormente.

Lenoe nin sequera menciona a maioría destas probas, porque contradín a súa propia idea preconcibida de que Nikolaev era un “pistoleiro solitario”.

O obxectivo é: isto ten que ser a súa conclusión porque é a única conclusión aceptábel que encaixa na historiografía anticomunista.

Snyder.

O meu libro máis recente é unha exposición do totalmente fraudulento best-seller de Timothy Snyder, titulado “Bloodlands.” Snyder é profesor de Historia de Europa Oriental na Universidade de Yale.

En Español:  “Terras de sangue: Europa Entre Hitler e Stalin”. (Barcelona: Galaxia Gutenberg, 2011).

En Portugués:  “Terra Sangrenta. A Europa Entre Hitler e Estaline”. (Lisboa: Bertrand Editora, 2011).

“Terras de sangue” foi traducido  a máis de 20 idiomas, incluíndo en todos os idiomas da antiga Unión Soviética e do bloque soviético, excepto Rusia. Neste libro Snyder compara a Stalin con Hitler e á Unión Soviética coa Alemania dos Nazis, que foron “asasinos de masas.”

Estas son as primeiras palabras da tradución española:

«Catorce millóns é a cifra aproximada de persoas asasinadas por políticas intencionadas de asasinato masivo implementadas pola Alemaña nazi e a Unión Soviética nas terras de sangue. Defino as terras de sangue como territorios suxeitos ao poder policial tanto alemán como soviético e asociados ás políticas de asasinato masivo nalgún momento entre 1933 e 1945».

Este libro é unha fraude completa. Apenas hai unha declaración verdadeira nela. Con todo, a súa falsidade pasou totalmente desapercibida. Por que?

* As notas de Snyder –nas que se atopan supostamente as probas para as súas afirmacións- son principalmente de obras e documentos escritos en polaco e ucraíno, e en ocasións ao alemán, francés e ruso.

Para comprobar as súas notas e ver se as súas afirmacións son, de feito, apoiadas por probas, vostede ten que ser capaz de

(a) ler todos os textos, e

(b) tomar a molestia e o gasto custoso de situar, obter e estudar as obras que cita Snyder.

* Isto es compatíbel coa construción histórica da dereita -de feito, cripto-fascista e nazi– a mitoloxía histórica nos países de Europa do Leste, onde as novas clases dirixentes postsoviéticas deben xustificar a súa colaboración cos nazis e os seus actuais réximes de superexplotación dos seus propios pobos.

* O seu anticomunismo implacábel tamén é conveniente para os anticomunistas do Occidente.

Snyder é moi influínte. Escribe regularmente para o New York Times, Book Review, New York Review of Books, Times de Londres, e outras revistas intelectuais de influencia. A súa técnica é o gran  embuste.

Agora estou tratando de atopar un editor para o meu libro que expón a Snyder como un embusteiro anticomunista sen principios. Se algún de vostedes aquí na audiencia posúe hoxe unha editorial, gustaríame falar con vostede despois da charla!

Trotski.

O meu proxecto actual é sobre Leon Trotski durante a década dos trinta.

En 2010 publiquei un artigo moi longo na revista “Cultural Logic” na que recopilei e avaliei toda a evidencia que temos ata agora -a partir de todas as fontes, pero principalmente dos antigos arquivos soviéticos– de que León Trotski realmente colaborou cos alemáns e os xaponeses, como foi propiamente acusado de facelo nos procesos de Moscova.
 
Chego á conclusión -como calquera estudo obxectivo debe de facelo- de que todas as probas que temos agora apoian a hipótese de que Trotski, efectivamente, colaborou cos alemáns e xaponeses, e que non hai ningunha proba de que se fabricara esta evidencia.

No curso de facer esta investigación empecei a atopar unha gran cantidade de evidencias de que Trotski estaba mentindo constantemente nos seus escritos sobre a Unión Soviética durante a década dos trinta.

Como Trotski comezara a mentir sobre os procesos de Moscú para encubrir a existencia do Bloc de Dereitos, zinovievistas e trotskistas, que tiña que seguir facéndoo. Isto significa que agora podemos probar que todo o que Trotski escribiu sobre os procesos de Moscova foi deliberadamente falso.

Agora estou traballando nun proxecto de libro sobre as mentiras e falsidades de Trotski nos seus escritos durante a década dos trinta.

O “Masacre de Katyn”.

Desde finais de xaneiro deste ano investiguei e escribín un artigo sobre o “Masacre de Katyn”.

Algúns descubrimentos moi recentes en Ucraína demoleron a versión “oficial” do masacre de Katyn. Simplemente, esta versión non pode ser correcta. E é imposíbel que “os soviéticos o fixeran”.

O meu artigo está programado para a súa publicación en xullo. Eu notificareilles cando se publique, e vostedes poderían descargalo desde a miña páxina de Internet.

Esta será a primeira vez que se conta sobre Katyn e que se sostén que os soviéticos non dispararon a todos estes prisioneiros de guerra polacos. Isto nunca xamais se publicou nalgunha revista revisada académica.

Polonia investiu probabelmente cen millóns de dólares en monumentos ás supostas vítimas de Katyn. Rusia podería investir a mesma cantidade tamén. Katyn é a pedra angular do nacionalismo moderno polaco, que é anticomunista e de dereita e -ata certo punto- aos nacionalismos de corte fascista que se ven en todos os países post-soviéticos do leste, como os países bálticos, Hungría, ou Ucraína.

* * * *
 
En poucas palabras: a historia da Unión Soviética se debe volver escribir de novo. A narración da historia soviética xa en circulación se basea en gran medida nas mentiras e falsidades.

Desde a fin da Unión Soviética vimos a publicación dun gran número de fontes primarias dos antigos arquivos soviéticos, e iso é a evidencia que nos permite chegar á verdade malia as mentiras dos anticomunistas, rusos e non rusos.

O século 20 foi, en xeral, o século do movemento comunista. Os ollos do mundo se enfocaron no gran experimento comunista.

Os capitalistas mentiron sobre aquilo. E por que non haberían de mentir respecto diso? Era, e é, o seu interese mentir sobre o maior movemento pola liberación humana na historia mundial. Sobre todo, atópanse máis falsidades sobre a persoa de José Stalin e a Unión Soviética durante a época do seu liderado.

En última instancia, por desgraza, o proxecto comunista na Unión Soviética, China e outros países, xa non existe. Non fallou debido á conquista ou a subversión estranxeira, senón debido aos erros internos. Debemos estudar os éxitos e os fracasos da historia soviética co fin de aprender a imitar o que fixeron correctamente os soviéticos e evitar os seus erros. Síntome feliz de xogar un papel, por pequeno que sexa, neste importante labor.

Doulles as grazas por escoitar a miña presentación, e espero os seus comentarios e críticas con humildade.

Grover Furr


[Traducción ao galego e fotos: FORXA!]