A negativa da dirección da SEPI á
construción do dique flotante para a factoría de Navantia Ferrol era unha
sospeita anunciada. Pese a todos os compromisos farsantes, electorais e
institucionais, o rebumbio e a burla da comisión de seguimento, as
mobilizacións dos traballadores con idas e vidas, plantes e replantes, o
argumento do condicionamento da pertenza á Unión Europea e o veto desta a todo
o que poida significar axuda ou investimento na actividade dun sector público esencial
na nosa estrutura produtiva, como é a construción naval, constituíu un facto
case que definitivo. Se a isto lle sumamos a carencia de carga de traballo real
a curto e medio prazo, que non a virtual, duns contratos mexicanos que aínda
que non amosaron a ninguén nin se coñece o seu paradoiro, as perspectivas non
poden resultar máis negras.
O certo é que non se pode descartar ningún escenario. Nin un posíbel ERE, nin privatización. Polo de pronto a dirección da empresa xa está a facer as súas avaliacións e pensando en acometer “reorganizacións”, prescindir de máis subcontratas con máis despedimentos e proceder á mobilidade xeográfica dos traballadores da principal, co quebranto do principal activo da factoría.
E todo isto porque nin para a unión
imperialista europea nin para o goberno da oligarquía española do PP, entra
dentro dos seus plans ter un sector público industrial compatíbel coa
existencia e competencia dos grandes monopolistas, verdadeiros autores e exclusivos
beneficiarios das ofensivas políticas e económicas
antiobreiras desenvolvidas en toda Europa no actual contexto de crise
estrutural e sistémica do capitalismo.
A clase obreira do naval non podemos ficar inerme ante os golpes nin continuar a secundar as estratexias sindicais e políticas reformistas que se amosaron insolventes para conducir a loita de clase, frustrando expectativas cunha acción sindical estéril presa do legalismo burgués, e cansando ata a desmoralización aos traballadores mobilizados, para ser, como recoñecía a un semanario galego un dirixente do comité, instrumentados polos politiquiños reaccionarios.
O certo é que non se pode descartar ningún escenario. Nin un posíbel ERE, nin privatización. Polo de pronto a dirección da empresa xa está a facer as súas avaliacións e pensando en acometer “reorganizacións”, prescindir de máis subcontratas con máis despedimentos e proceder á mobilidade xeográfica dos traballadores da principal, co quebranto do principal activo da factoría.

A clase obreira do naval non podemos ficar inerme ante os golpes nin continuar a secundar as estratexias sindicais e políticas reformistas que se amosaron insolventes para conducir a loita de clase, frustrando expectativas cunha acción sindical estéril presa do legalismo burgués, e cansando ata a desmoralización aos traballadores mobilizados, para ser, como recoñecía a un semanario galego un dirixente do comité, instrumentados polos politiquiños reaccionarios.

Ferrol,
12 de Febreiro de 2013
CUO-Galiza
cuogaliza@gmail.com