Mostrando postagens com marcador Eleccións. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Eleccións. Mostrar todas as postagens

Sobre o feito nacional en Catalunya.

A cuestión nacional de Catalunya nos últimos meses converteuse no debate político máis controvertido dos que hoxe se dan no contorno de toda a súa superficie e no resto das comunidades do Estado español. Destacan, pola súa marcada vehemencia reaccionaria, os comentarios do bloque oligárquico que leva a marca “PP”, aínda que o arranque desta polémica de agora haxa que achacarlla a CiU como o máis fiel representante da gran burguesía catalá, que é a que o encetou, non por amor platónico a Catalunya, senón por afán de controlar e xestionar o acervo económico, político e cultural deste país.

A participación dos partidos comunistas no goberno: unha forma de saír da crise capitalista?

A continuación publicamos un interesante artigo do camarada Herwig Lerouge, dirixente do PTB, publicada en Estudos Marxistas. Nel analízanse as negativas consecuencias que para o movemento obreiro de Italia, Francia, Grecia e Alemaña tiveron, e teñen hoxe, a implicación de forzas denominadas comunistas e excomunistas en distintos gobernos burgueses.

A materia analizada garda unha estreita relación co que vén sucedendo no estado español coa activa implicación de Esquerda Unida e o PCE (seccións españolas do Partido da Esquerda Europea) en distintos gobernos autonómicos, como o caso de Andalucía ou Asturias, e en moitos gobernos municipais.

Dada a dimensión europea do oportunismo do PEE (Partido da Esquerda Europea), no que están implicados o PC de Francia, o Partido da Refundación Comunista de Italia, Syriza en Grecia, Die Linke en Alemaña e IU e o PCE en España (que forman parte da Presidencia do PEE), os datos que ofrece este artigo son unha valiosa contribución á loita contra o oportunismo que se libra no estado español nas filas do movemento obreiro e popular.

Programa electoral de COMUNISTAS DA GALIZA.


Obreiros e obreiras, traballadores e traballadoras, desempregados e desempregadas, comerciantes, estudantes, mulleres, inmigrantes:

Hai que combater a política criminal e bárbara do capital.

Convócanse as eleccións do 21-O nun escenario de destrución masiva dos dereitos básicos e condicións de vida do Pobo Galego Traballador. Condicións que aínda se verán agravadas pola máis que posíbel intervención da troika a través dun novo rescate que traerá aparellado novos e brutais recortes e que empobrecerán aínda máis ao pobo e privarán de dereitos á Clase Obreira e ás clases traballadoras.

Con preto de 300 mil parados e paradas en Galiza, os sucesivos ataques aos dereitos sociais e laborais e aos servizos básicos, o roubo masivo de vivendas por parte da banca e o encarecemento dos produtos de primeira necesidade, colocan ao borde da indixencia a milleiros de galegos e galegas que aínda onte se chamaban a si mesmos “clase media”, privando á nosa mocidade dun futuro digno de tal nome e entregando aos nosos maiores e dependentes a unha situación de desprotección absoluta e dramática que se “resolve” recruando a dobre explotación da muller traballadora nos ámbitos laboral e doméstico.

Os capitalistas xa non ocultan os seus proxectos de reducir a Clase Obreira  a unhas condicións propias do século pasado e avanzar cara á escravitude pura e dura con xornadas laborais de 13 horas de luns a sábado acompañadas de diminución de salarios e un empeoramento continuado das condicións de vida, paro, miseria, explotación e pobreza. Ese é o futuro que promete o capitalismo.
 
Fronte a esta orde de cousas e ante a grave situación que estamos a padecer, as e os comunistas reafirmamos una vez máis que só mediante a loita e a organización será quen a Clase Obreira de responder á ofensiva desatada polas forzas do capital. Non existen alternativas de tipo electoral capaces de dar solucións inmediatas aos problemas que sofre o pobo traballador. Só a acción organizada, resolta e unitaria da propia Clase Obreira será quen de enfrontar as políticas bárbaras e criminais do capital e cuestionar a propia orde capitalista. O pobo coa Clase Obreira á fronte debe organizar a resistencia  a cumprir os ditados da oligarquía nas fábricas, nos centros de traballo e nas rúas; promover folgas parciais en cada empresa e sector; unificar todas as loitas baixo un programa transformador e revolucionario nunha Fronte única, preparar a Folga Xeral e organizar a presión e a mobilización xeral, continuada e sostida, para derrocar á oligarquía, o seu goberno e o seu poder. Este é o camiño polo que apostamos os comunistas e no cal, a loita electoral, é unha importante batalla pero non é a batalla única, nin a decisiva.

O capitalismo non se pode humanizar.