UyL: Saúde, camarada. 30 anos son moito tempo, que houbo e que pasou hai 30 anos para que o PCPE, entón PC, nacese?

Outro elemento importante foi que o oportunismo abandonou moitos dos seus discursos máis enganosos e lanzouse a unha ofensiva internacional para artellar a súa proposta en torno ao eurocomunismo. É a famosa foto de Marchais-Berlinguer-Carrillo, plantando cara directamente ao marxismo-leninismo e rompendo co movemento comunista internacional, recoñecendo a súa alianza coa burguesía para obter unha cota na xestión do sistema capitalista. Iso foi clarificador para unha parte importante da militancia revolucionaria deste país.
E un terceiro factor importante foi a resposta do movemento comunista internacional, que entendeu a necesidade de contestar a este paso do oportunismo. Así o pecepunto naceu co apoio directo dese movemento comunista internacional, e iso facilitou moitas cousas; moitas barreiras, que antes non se conseguiron superar entre os distintos grupos por visións curtas e por sectarismos, resolvéronse.